A Policía busca a unha muller por tentar estrangular á súa filla

Axentes da Policía Nacional pertencentes á Comisaría de Ferrol-Narón tratan de localizar á nai dunha menor de 10 anos de idade á que supostamente tentou estrangular en Doniños, unha parroquia da zona rural de Ferrol.

|

Axentes da Policía Nacional pertencentes á Comisaría de Ferrol-Narón tratan de localizar a a nai dunha menor de 10 anos de idade á que supostamente tentou estrangular en Doniños, unha parroquia da zona rural de Ferrol.



Doninos 1650488 960 720

Praia de Doniños / Pixabay


Segundo trasladaron fontes policiais a Europa Press, a menor foi localizada por dúas persoas que se atopaban paseando por unha zona próxima ao areal, máis concretamente no piñeiral situado na zona de costa, minutos antes das sete da tarde do mércores.

Tras a agresión, a nena foi trasladada ao servizo de urxencias do Hospital Arquitecto Marcide, onde se constatou o seu bo estado de saúde, segundo apuntaron fontes oficiais.

As pescudas iniciadas para dar co paradoiro da muller, veciña de Ferrol, non deron polo momento ningún resultado. Ademais, as fontes consultadas tamén aseguran que a nai "en principio non sofre nin ten ningún tipo de trastorno".

A muller está separada e tras o acontecido deuse traslado ao pai do sucedido, para que se fixese cargo da filla de ambos.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE