O Gran Colisonador de Hadróns como reclamo para estimular a innovación
Ourense acollerá o 15 de marzo a estrea da VII edición do Aquae Talent Hub, unha iniciativa conxunta da Universidade de Vigo, a empresa Viaqua e a Fundación Aquae, que visitará diversas localidades españolas para falar sobre innovación científica e estimular "o talento, coñecemento e innovación" entre os seus participantes.
Nesta edición a actividade estará protagonizada polo científico cántabro Pablo Martínez Ruiz del Árbol, colaborador no Gran Colisionador de Hadrones (LHC) instalado en Xenebra e a física e experta en comunicación Irene Lapuente, fundadora de "a Mandarina de Newton".
O vicerreitor do Campus de Ourense, Virgilio Rodríguez, e o director de Viaqua, JulioMasid, foron os encargados de presentar este mércores esta actividade, que se desenvolverá no salón Marie Curie do Campus ourensán. A cita será entre as 10,00 e as 14,00 horas do próximo 15 de marzo e estará aberta a "todas as persoas interesadas".
Para Virgilio Rodríguez esta actividade é "unha aposta de primeiro nivel" polo Campus da auga que pretende "impulsar desde a base o pensamento emprendedor e innovador" entre os estudantes universitarios e de secundaria que acudan á cita.
Masid destacou que "é a primeira vez" que esta actividade visita a cidade das Burgas, collendo a testemuña de Santiago de Compostela onde o pasado ano celebráronse dous eventos.
INNOVACIÓN
"Esta iniciativa é unha aposta polo coñecemento e a innovación como vías para buscar solucións aos retos do planeta e a través do talento das persoas", defendeu o director de Viaqua.
A xornada iniciarase ás 10,00 horas cun taller a cargo de Irene Lapuente, fundadora da Mandarina de Newton, unha empresa que une ciencia e tecnoloxía para fomentar a creatividade.
Masid explicou que a empresaria tratará de descubrir aos asistentes como pode axudar o pensamento físico no día a día das persoas.
Tras esta actividade será a quenda do físico Pablo Martínez, que dará a coñecer parte da súa experiencia no Gran Colisionador de Hadróns, e explicará as novidades en temas como a materia escura ou o Bosón de Higgs.
O vicerreitor do Campus lembrou que os interesados en participar deberán reservar praza na web de Aquae Talent Hub, xa que só hai 200 localidades. Tamén confirmou que "xa están cubertas a metade das prazas".
Escribe o teu comentario