Accidente mortal: falece un motorista e varios feridos graves en Coruxo, Vigo

Son tres os hospitalizados con lesións graves, segundo o 112. Tratouse dun sinistro en cadea, pois un turismo e a moto colisonaron de fronte e despues o coche impactou cun terceiro vehículo.


|

Lugar del accidente en Coruxo en una imagen de la CRTVG
Lugar do accidente en Coruxo nunha imaxe da CRTVG


 

Un motorista morreu e outras tres persoas resultaron feridas tras o choque frontal entre unha motocicleta e un coche na PO-325, en Coruxo (Vigo), segundo informou o servizo de Emerxencias 112 de Galicia.

 

En concreto, o lugar do suceso foi a Avenida Ricardo Mella, á altura dunha gasolineira, pouco antes do oito da tarde. 

 

O motorista que perdeu a vida era un home de Nigrán de 53 anos, segundo Faro. Por algunha aínda por esclarecer, a moto e o primeiro turismo, un Audi vermello, chocaron de fronte, xusto na esquina dereita do capó do Audi. A berlina perdeu entón o control e foi chocar contra unha furgoneta de cor azul que á súa vez se saíu da vía chocando cun noiro.

 

No Audi viaxaban dúas persoas que resultaron feridas a pesar de que saltaron os airbags, entre elas unha muller embarazada. Na furgoneta había un viaxeiro, que tamén resultou ferido. As primeiras informacións apuntan a que están fóra de perigo.

 

A garda civil está no lugar investigando as causas da traxedia.

 

 

Moto accidentada en Coruxo
Moto accidentada en Coruxo



O accidente produciuse a tarde deste xoves e até o lugar desprazáronse efectivos de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Vigo, Garda Civil de Tráfico e Policía Local. 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE