A Xunta quere que suspendan a folga da Xustiza mentres se negocia

Alfonso Rueda insiste en que quere negociar a fin da folga da Xustiza. O número 2 do goberno reclama iso se que os traballadores suspendan o paro, preocupado por "trámites fundamentais" -a inscrición de nacementos e defuncións por exemplo- que están paralizados.



|

Alfonso Rueda, vicepresidente da Xunta, na roda tras o Consello


Alfonso Rueda insiste en que quere negociar a fin da folga da Xustiza. O número 2 do goberno reclama iso se que os traballadores suspendan o paro, preocupado por "trámites fundamentais" -a inscrición de nacementos e defuncións por exemplo- que están paralizados.

O vicepresidente da Xunta reiterou este luns a súa petición de que se suspenda a folga da xustiza "mentres se negocie", e subliñou que se trata dunha petición "absolutamente lóxica" para permitir que os cidadáns "reciban servizos", á vez que negou que dita petición sexa unha "chantaxe".

Así o manifestou en declaracións aos medios á saída dun acto en Vigo, e insistiu en que a Xunta ten "vontade de pechar un acordo canto antes". Segundo precisou, non se trata dunha petición de desconvocatoria, senón dunha suspensión: "Se logo non se chega a un acordo, que eu creo que si, os sindicatos son libres de continuar, pero creo que non sería necesario".

Alfonso Rueda sinalou que esa petición "en ningún caso é unha chantaxe" e que pretende "que se deixen de producir prexuízos aos cidadáns".

A ese respecto, apuntou que a Xunta xa trasladou ao TSXG a súa posición acerca de "trámites fundamentais" que se deixaron de prestar con motivo da folga e que, a xuízo do goberno galego, deben "entrar dentro da catalogación de servizos mínimos" porque se podería "impedir o exercicio de dereitos importantes".

Por outra banda, o vicepresidente galego ha lembrado que comparecerá este martes a petición propia no Parlamento de Galicia para explicar a situación da administración de xustiza, "todo o proceso, as múltiples reunións que houbo para tentar un acordo, a oferta actual", e a "esperanza" da Xunta de "poder chegar a un acordo e pechar a folga canto antes".

O PP ABERTO A NEGOCIAR


Pola súa banda, preguntado sobre a postura da Xunta neste conflito nunha rolda de prensa en Santiago, o portavoz do PPdeG na Cámara galega, Pedro Puy, considerou que o Executivo autonómico "ha dado pasos" e mostrou "plena disposición para negociar".

Ademais, asegurou "comprender" que o presidente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), Miguel Ángel Cadenas, pedise, nunha entrevista radiofónica, "diálogo construtivo" para chegar a unha solución na folga indefinida que os traballadores da xustiza protagonizan desde o pasado 7 de febreiro.

Respecto diso, referiuse á comparecencia que realizará este martes no pleno do Parlamento o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda, para asegurar que servirá de "oportunidade" para "escoitar" a posición da Xunta que "quedará clara" despois da súa intervención.

relacionada Nenos sen pedriata porque oficialmente non existen

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE