​Novidades na 43 Festa do Queixo

A Festa do Queixo de Arzúa, unha das primeiras grandes citas do calendario de festas galego, chega a súa 43 edición. E faio con nomes importantes no cartel, como Ilegais, Sidonie e Rosa Cendrón, entre outros. Será este fin de semana, entre o 2 e o 4 de marzo.


|

A Festa do Queixo de Arzúa, unha das primeiras grandes citas do calendario de festas galego, chega a súa 43 edición. E faino con nomes importantes no cartel, como Ilegales, Sidonie e Rosa Cendrón, entre outros. Será este fin de semana, entre o 2 e o 4 de marzo.



Sidonie

Sidonie


Nesta edición haberá un total de 70 expositores inscritos, o que supón un cheo total do recinto, con varias queixerías novas e tamén varios premios World Cheese Awards. Como non só de queixo vive o home, haberá tempo para degustar doce de algas, pemento de la Vela e outros produtos sibaritas.


Unha das novidades será unha homenaxe a Ana Kiro. A sesión vermú será a cargo da banda de música de Arzúa, pero con temas da máis popular das cantantes da vila. O sábado 3 todo botará a andar co pregón do televisivo Tonhito de Poi, o líder dos Herdeiros da Crus.


Haberá tamén talleres especializados como “Un queixo que alimenta a túa saúde”, “ Márketing e queixo, boas prácticas”, “ fotoqueixo”, o 1º concurso “Pan&queixo” ou a “ Masterclass Piñeiral de cociña creativa”. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE