"Comentarios insultantes" dun profesor universitario aos críticos coa mina
Un grupo de universitarios acusa a un profesor da Universidade de Santiago de cobrar da mina de Touro e, ao mesmo tempo, de reirse dos críticos co proxecto de Atalaia Mining nunha conferencia. Felipe Macías garda silencio e a USC indica que respecta a liberdade de cátedra.
A empresa que promove o 'Proxecto Touro' para a reactivación da produción de cobre na mina situada nos municipios de Touro e O Pino, Cobre San Rafael, puxo en marcha un "intenso labor de investigación científica" coa preparación de informes técnicos para "aclarar" e "reforzar" a súa proposta empresarial. Nesta liña de investigación, a compañía estreitou relación coas tres universidades galegas, pero non sen polémica no caso da Universidade de Santiago de Compostela.
Ademais de universidades, Cobre San Rafael tamén contratou a varias consultoras "independentes", como Assio Enxeñería, Meteosim ou AT Clave para responder ás numerosas dúbidas suscitadas polos veciños e ecoloxistas no prazo de alegacións.
"DE CONFERENCIA A ANUNCIO"
Xunto co Departamento de Edafología e Química Agrícola da USC, Cobre San Rafael está a desenvolver unha campaña de análise das augas que se poderían ver afectadas ou relacionadas co proxecto, así como diversas charlas sobre a súa viabilidade.
Este mércores, a Facultade de Química organizou unha conferencia baixo o nome de 'Touro: un novo proxecto de explotación mineira. Consecuencias ambientais", que de acordo a un grupo de estudantes baixo a voz de Anxo Lema, pasou "de conferencia científica a anuncio empresarial".
Nun escrito remitido aos medios os estudantes, o conferenciante e catedrático da USC, Felipe Macías Vázquez, "resulta ter un contrato de colaboración con empresas como Fracisco Gómez e CIA ou Explotacións Galegas, as dúas directamente relacionadas coa explotación da mina", e aparece como "colaborador do proxecto no estudo do impacto ambiental".
Os alumnos vinculan a postura do seu profesor co seu suposto "interese económico" e acúsanlle de "obviar a contaminación" que producirá o po en suspensión das seis voaduras diarias, filtracións a augas subterráneas e á ría de Arousa ou a posible destrución de miles de traballos no sector marisqueiro.
Galiciapress solicitou ao citado profesor a súa versión do sucedido, sen que o catedrático respondese polo momento.
"COMENTARIOS DESPECTIVOS E INSULTANTES"
O grupo de estudantes tamén se refire, de acordo ás declaracións, a unha "serie de comentarios despectivos e ata insultantes" cara a medios de comunicación; ao uso de fotografías de manifestantes de distintas asociacións co fin de "mofarse"; e á consideración de datos contrastados como "mentiras".
Por último, os universitarios mostran a súa sorpresa a que a conferencia tivese lugar nunha institución pública, "facendo uso das súas vías comunicativas para beneficiar a un proxecto dunha empresa privada". Non só iso, senón tamén, de acordo ás declaracións dos estudantes, con "a omisión de información respecto dun tema que afecta o conxunto da sociedade galega". Un acto que definiron, por parte da USC, "xa non só de irresponsabilidade, senón de vergoña".
VERSIÓN DA UNIVERSIDADE
Consultada por Galiciapress, a Universidade de Santiago, portavoces oficiais indican que como institución non poden entrar a posicionarse en contra ou a favor da mina.
Sobre o sucedido na conferencia, a USC asegura que respecta a liberdade de cátedra dos seus profesores e que, en todo caso, averiguarirá se, como din os alumnos denunciantes, houbo "comentarios despectivos e mesmo insultantes" por parte do traballador público cara aos medios de comunicación e os veciños críticos cos plans Cobre San Rafael e Atalaia Mining.
Posteriomente, a USC engadiu que "non nos custa que houbese ningua clase de insulto ou humillación aos presentes nesa conferencia, segundo o hablaco coas persoas que asistiron a ela". A Universidade non indica nada sobre posibles insultos a medios e veciños.
A institución educativa tamén asegura que non foi o profesor quen tomou a iniciativa de dar a charla sobre a mina, senón que llo pediron os alumnos.
O PAPEL DAS UNIVERSIDADES
Non é a primeira vez que a relación entre a megaminería e a universidade galega entúrbase. Sucedeu tamén no proxecto de Corcoesto, cando Edgewater pediu informes a varios departamentos universitarios a favor da explotación. Isto, á súa vez, desatou as críticas de ecoloxistas e veciños.
Contribuíron a esta información Alejandro López e Manuel Vilas.
Escribe o teu comentario