A deputación da Coruña recupera a memoria das mulleres pioneiras no deporte
Conségueo a través da edición do libro ''Pioneiras do deporte en Galicia', co que se pretende dar visibilidade ao colectivo
A Deputación da Coruña editou un libro no que se recupera a memoria das mulleres pioneiras no deporte, segundo expuxo, na súa presentación, a deputada de Igualdade, Ánxela Franco, xunto á autora Cristina López Villar.
O libro, titulado 'Pioneiras do deporte en Galicia', busca "dar visibilidade ás primeiras deportistas, descubrir as súas historias e logros, crear referentes para as novas xeracións e desvelar unha historia silenciada".
A publicación é o resultado de sete anos de investigación nos que a autora analizou diferentes fontes históricas, xunto con testemuños dalgunhas das protagonistas, coa intención "de dar visibilidade a moitas mulleres anónimas", sinalou a autora.
Escribe o teu comentario