A presidenta da deputación de Pontevedra súmase á folga feminista do 8 de marzo

Fixo un chamamento a todas as mulleres pontevedresas para participar no paro convocado


|


Paro feminista


A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, anunciou este xoves que fará o paro previsto para o 8 de marzo, día internacional da muller, para cando o movemento feminista, co apoio de organizacións e colectivos políticos, sociais e sindicais convoca unha folga xeral de mulleres.


Carmela Silva tamén fixo un chamamento: "pídolle a todas as mulleres pontevedresas que o día 8 de marzo paren" para reivindicar un novo modelo social, xusto, democrático e igualitario. En rolda de prensa, a presidenta da administración provincial denunciou as desigualdades, as discriminacións e as violencias estruturais que sofren máis da metade da poboación mundial, as mulleres.


"Non hai dereito a que teñamos esta brutal brecha salarial", afirmou respecto das desigualdades estruturais que padecen as mulleres en todo o mundo, onde gañan entre o 60 e o 75 por cento do salario dos homes en traballos de igual valor.


Ademais, a presidenta da Deputación fíxose eco dos últimos datos achegados polos sindicatos, polo Instituto Galego de Estatística, a Seguridade Social e a Axencia Tributaria que, entre outras cifras, recollen que actualmente en Galicia hai 48.900 mulleres menos que homes incorporados ao mercado laboral, e que tres de cada catro contratos parciais son desempeñados por mulleres: o 77.3%.


Silva lamentou que en Galicia a brecha salarial sexa dun 22% e que para percibir o mesmo salario que os homes as mulleres galegas terían que traballar 71 días máis.


AUMENTO DA BRECHA SALARIAL EN GALICIA


A brecha salarial en Galicia é 0,17 puntos superior á do ano 2010, de acordo coas cifras que achegou. No caso das pensións, a brecha en Galicia achégase aos 40 puntos, 5.556,74 euros menos ao ano. 


Así mesmo, destacou que as mulleres galegas perciben a pensión de xubilación máis baixa de todo o Estado sendo Galicia a quinta autonomía co salario medio anual feminino máis baixo.



relacionada O PP de Ourense desmárcase do resto do partido e apoia a folga feminista
relacionada ​As concelleiras de Compostela Aberta danlle o apoio á folga feminista

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE