Un bus escolar perde os freos e choca contra un muro

Os ocupantes dun autobús escolar, media ducia de nenos; o condutor e unha coidadora, resultaron ilesos tras perder o autocar os freos e precipitarse por un pequeno terraplén no termo municipal de Cuntis (Pontevedra).


|

Os ocupantes dun autobús escolar, media ducia de nenos; o condutor e unha coidadora, resultaron ilesos tras perder o autocar os freos e precipitarse por un pequeno terraplén no termo municipal de Cuntis (Pontevedra).



Microbús accidentado en Cuntis . Foto de @GxDRadioGalega

Microbús accidentado en Cuntis . Foto de @GxDRadioGalega


Segundo informaron a Europa Press fontes da Consellería de Educación e do 112 Galicia, o accidente tivo lugar sobre as 9,10 horas deste martes no lugar de Zo, no municipio de Cuntis, cando o autobús ía marcha atrás e chocou contra un muro tras perder os freos e precipitarse por un pequeno terraplén.


Debido ao sinistro deste autobús, que se dirixía ao CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis, bloqueáronse as portas, polo que os ocupantes saíron pola ventá de emerxencia, concretou Educación.


Finalmente os escolares foron levados ao CPI Aurelio Marcelino Rey García de Cuntis por familiares, concretou o servizo de emerxencias.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE