​Contas: “A Deputación de Ourense puido incorrer en infraccións graves ou moi graves”

Así esquivou o organismo que dirixe José Manuel Baltar (PP) a inspección dos contables do Consello de Contas.



|

A Lei obriga ás administracións locais a enviar ao Consello de Contas a documentación sobre os pagos efectuados con reparos do seu interventor. Desta maneira Contas pode fiscalizar se, por exemplo, un alcalde ou un presidente de Deputación pagaron algún servizo en contra do criterio da súa Intervención saltándose a normativa, podendo chegar mesmo a identificarse consecuencias penais.


Baltarourense


A Deputación de Ourense incumpriu o ano pasado a obrigación de remitir os datos a tempo. Así figura en un informe do Consello de Contas que pretendía fiscalizar as súas contas dos anos 2014 e 2015.


Vencidos os prazos legais, os contables autonómicos avisaron ao organismo que dirixe José Manuel Baltar o 19 de xullo. Finalmente, a Deputación de Ourense enviou os datos, pero fóra de prazo, xa entrado o mes de agosto, o día 20.


A consecuencia práctica deste atraso é que, mentres os informes de fiscalización das deputacións da Coruña, Lugo e Pontevedra en 2014 e 2015 son extensos, entran en detalle en múltiples aspectos e conclúen recomendacións prácticas concretas; o informe de fiscalización da Deputación de Ourense é de mínimos. Non se fiscaliza nin un expediente, nin un contrato, nin unha subvención.


Ante a falta de expedientes que revisar, os contables públicos téñense que limitar a advertir que “o Consello de Contas pon en coñecemento do Parlamento de Galicia a falta de colaboración no prazo establecido”. Contas non ten autoridade para impoñer sancións. O Parlamento de Galicia, con maioría absoluta do PPdeG, non as impuxo dada a importancia do celeiro electoral ourensán para os conservadores.


Non houbo consecuencias para o organismo que dirixe José Manuel Baltar a pesar de que o Consello de Contas especifica nas súas conclusións que “na Deputación de Ourense pódese incorrer en suposto de infraccións graves ou moi graves polo incumprimento relativo á remisión da información”.


Galiciapress púxose en contacto co organo provincial para dar a coñecer a súa versión, sen que a Deputaición de Ourense respondese ata o momento. 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE