A cidade de Porto Alegre acolle o mes do Camiño de Santiago con exposicións, conferencias e cine

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, viaxará ao país suramericano esta semana para participar nos distintos actos conmemorativos organizados con motivo desta celebración
 


|

El director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, en la comisión 4ª del Parlamento de Galicia.
O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, na comisión 4ª do Parlamento de Galicia.

 

A cidade brasileira de Porto Alegre acolle este xuño o Mes do Camiño de Santiago cunha programación que vai desde unha mostra fotográfica da ruta xacobea até ciclos de conferencias e cine sobre un dos máis importantes itinerarios de peregrinación, considerado como vertebrador de Europa.

O director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, viaxará ao país suramericano esta semana para participar nos distintos actos conmemorativos organizados con motivo desta celebración.

Concretamente, visitará a mostra 'Iacobus Gaudet. Os Camiños de Santiago en Galicia' e manterá varios encontros de traballo con autoridades locais e nacionais para abrir novas colaboracións na promoción turística en Brasil.

Ademais, visitará o Centro Español de Porto Alegre que antigamente tamén foi casa de galegos e reunirase cos responsables da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago de Río Grande do Sul (ACASARGS) para intensificar os lazos de colaboración a favor da promoción xacobea.

O director de Turismo de Galicia tamén manterá encontros no Consulado Xeral de España e no Instituto Cervantes de Porto Alegre.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE