Continúa aberto o prazo para presentar candidaturas ao Premio Otero Pedrayo 2025 da Deputación de Pontevedra

Poderán optar ao premio as persoas naturais nadas ou residentes en Galicia, os grupos de traballo radicados en Galicia ou constituídos para promover a cultura galega e as personalidades ou institucións que se caractericen pola difusión e mantemento da cultura galega


|

El presidente de la Diputación de Pontevedra, Luis López, ha firmado con el alcalde de Moraña, José Gómez, un convenio de colaboración
O presidente da Deputación de Pontevedra, Luís López co alcalde de Moraña, José Gómez

 

 

A Deputación de Pontevedra será a anfitrioa do Premio Otero Pedrayo 2025, que mantén aberto até o vindeiro venres, día 6 de xuño, o prazo para presentar candidaturas.

O premio, cuxas bases poden consultar no Boletín Oficial da Provincia, trátase dunha iniciativa conxunta das catro deputacións galegas e da Xunta que se organiza cada ano.

O galardón ten por obxecto perpetuar e honrar a memoria dunha persoa destacada no campo das letras e do coñecemento, ou ben unha tarefa que constitúa unha contribución eminente á cultura galega e promova os valores propias de Galicia ou aquelas obras que leven ao esclarecemento e á mellora da cidadanía e institucións galegas.

Desta forma, poderán optar ao premio as persoas naturais nadas ou residentes en Galicia, os grupos de traballo radicados en Galicia ou constituídos para promover a cultura galega e as personalidades ou institucións que se caractericen pola difusión e mantemento da cultura galega.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE