Coque Malla e os grupos Ten Fé, Mujeres e Fuckaine participarán no Festival 17º Ribeira Sacra
Terá lugar do 27 de xullo ao 5 de agosto nos municipios lucenses de Sober e Monforte de Lemos
O madrileño Coque Malla e os grupos Ten Fé, Mujeres e Fuckaine son as novas confirmacións para o cartel do Festival 17º Ribeira Sacra, que se celebrará do 27 de xullo ao 5 de agosto nos municipios lucenses de Sober e Monforte de Lemos.
O certame, que xunta música coa cultura do viño, retornará ás terras da Ribeira Sacra este verano cunha oferta variada que inclúe concertos, catas, viaxes en catamarán, cociña e visitas guiadas a bodegas.
Deste modo, o exlíder da banda Los Ronaldos, Coque Mall, chegará a Galicia este verano para presentar o seu novo álbum 'Irrepetible', que conta con colaboracións da altura de Jorge Drexler, Jorge Blames ou Iván Ferreiro.
Xunto ao madrileño, súmanse a esta edición do 17º Ribeira Sacra o dúo londinense Ten Fé, o trío Mujeres e Fucklaine. A banda de rock folk americana Woods xa fora confirmada como unha das cabezas de cartel do certame.
Segundo a organización do evento, o nome do festival '17º' fai referencia a que 17 é o ángulo de pendente "a partir do cal se considera de risco a actividade vitícola" e, ademais, tamén son os graos de temperatura aos que se atopan "as tripas da terra".
Escribe o teu comentario