Investigadores alertan do abandono da ciencia española
Lanzan unha recollida de firmas para denunciar ante o Goberno de Mariano Rajoy o abandono da ciencia como consecuencia dos recortes.
Un grupo de científicos españois alertou a través da plataforma change.org do "progresivo abandono da ciencia española provocada polos recortes no investimento" por parte do Goberno de Mariano Rajoy e anima a asinar "contra os recortes económicos e humanos na investigación española".
Baixo o título 'A ciencia española, ante unha crise irreversible? Actúa', os investigadores remarcan que non hai partidas orzamentarias, que se restrinxiron prazas e que non hai subvencións a proxectos, unha situación especialmente crítica na convocatoria de 2017 de Proxectos de Investigación, Desenvolvemento e innovación (I+D+i) .
A negativa situación da ciencia e a tecnoloxía en España "incide de modo dramático en investigadores novos que non poden establecer novos grupos de traballo", engade a carta, que incide en que a ciencia é motor cultural e económico dun país.
Por todo iso, os expertos apelan a científicos, académicos, sociedades científicas, sindicatos e outras organizacións a emprensder accións para corrixir a situación.
Escribe o teu comentario