O empate en Balaídos non frea as aspiracións do Celta
Os vigueses quedan a tres puntos do Éibar, sétimo, e a catro do Sevilla, sexto.
Maxi Gómez suma xa doce goles. Fonte: RC Celta
O Celta acariñou a vitoria ante o Espanyol nunha partido clave para seguir aspirando aos postos europeos. Os celestes exhibiron o seu poderío ofensivo ante un rival que renunciou ao balón disposto a golpear á contra.
Non lle saíu mal a formulación aos pericos. Os de Unzué superaban ao Espanyol no arranque do partido e con todo foi o cadro catalán o primeiro en facer dano. Na súa primeira chegada á portería defendida por Rubén Blanco, os branquiazuis anotaron por medio de Baptistao.
Non baixou os brazos o Celta. Á media hora de xogo, tras varios intentos frustrados por Diego López, o uruguaio Maxi Gómez marcou o empate de cabeza a pase do capitán Hugo Mallo.
Tras a continuación o guión do choque non variou, co Celta apertando e dándose contra a defensa e contra Diego López.
A insistencia celeste tivo premio a dez minutos para o asubío final. De novo Maxi Gómez, xa un ídolo de Balaídos cos seus doce goles nesta tempada, puxo o 2-1 no electrónico tras unha xogada individual de Emre Mor por banda esquerda.
Cando o celtismo xa saboreaba a vitoria, o recentemente entrado Gerard Moreno sacou da manga un disparo cruzado que supuxo o definitivo empate.
Con estas táboas, o Celta mantense na oitava praza da clasificación con 32 puntos, a tres do sétimo clasificado, o Éibar, e a catro do sexto, o Sevilla.
FICHA TÉCNICA
2-CELTA: Rubén, Hugo Mallo (Boyé, min.89), Roncaglia, Sergi Gómez, Jonny, Lobotka, Wass, Radoja (Tucu Hernández, min.75), Iago Aspas, Sisto (Emre Mor, min.75), Maxi Gómez.
2-ESPANYOL: Diego López, Navarro, Naldo, David L., Aarón, Víctor S., Carlos S., Darder (Didac, min.72), Jurado (Sergio García, min.60), Baptistao (Piatti, min.72) e Gerard.
Goles: Baptistao (0-1, min.10), Maxi Gómez (1-1, min.32), Maxi Gómez (2-1, min.79), Gerard Moreno (2-2, min.87).
Escribe o teu comentario