O Celta recibe o Espanyol coa "oportunidade de entrar en Europa"
Nemanja Radoja, que se sente máis protagonista, rexeita falar da renovación.
Radoja afirma estar "contento" coa súa situación. Foto: RC Celta
A derrota contra o Alavés non pasou factura na confianza do Celta por entrar na batalla para regresar a próxima tempada a competición europea.
Nemanja Radoja atendeu este xoves a prensa e destacou a importancia do partido do domingo contra o Espanyol, porque "vimos de perder e xogamos na casa" e "temos unha boa oportunidade para meternos en Europa. Non é fácil pero podémolo conseguir".
O xogador gañou protagonismo nos plans de Unzué, a cambio de modificar a súa posición. "O míster quere que xogue un pouco máis adiante e estou contento con esta posición, gústame máis que a de pivote", declarou, para subliñar que lle dará "moitas máis oportunidades".
O internacional serbio rexeitou falar sobre a posible renovación. "Non sei como está e dígoo sempre, estou contento aquí", afirmou. Radoja acaba contrato en xuño do próximo ano, pero non quixo revelar nada sobre unha ampliación: "Non teño máis nada que dicir, é algo que leva o meu axente".
Escribe o teu comentario