Existiu unha oferta do Inter por Stanislav Lobotka

"Remitímoslles aos 35 millóns da súa cláusula de rescisión."


|


Celtalobotka


Durante o xa terminado mercado de inverno, xurdiu unha oferta do Inter por Stanislav Lobotka, tal e como confirmou o director deportivo do Celta de Vigo, Felipe Miñambres: "Remitímoslles aos 35 millóns da súa cláusula de rescisión. Aí acabouse todo".


Ademais, Miñambres confirmara que o equipo levaba semanas en contacto cos representantes do xogador eslovaco para mellorar as súas condicións, dado a súa máis que notable rendemento no conxunto céltico. Agora concretáronse parte das novidades que se executarán no seu contrato.


A proposta presentada inclúe un incremento da súa cláusula de rescisión, agora de 35 millóns de euros, e unha posible extensión do seu contrato, que de momento alcanza ata xuño de 2022.


Falando do resto do equipo, Miñambres destacou o seu equilibro actual e que, a pesar dos seus altibaixos, "imos cara arriba e a intención é estar preto da loita por conseguir unha praza europea". Tamén destacou o traballo de Iago Aspás, segundo o director, un dos "mellores dianteiros do mundo".

relacionada ​Celso Borges: "Temos que gañar por supervivencia"
relacionada Cristóbal di adeus ao Dépor e deséxalle sorte a Seedorf

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE