Cristóbal di adeus ao Dépor e deséxalle sorte a Seedorf
"Estou seguro que o Deportivo seguirá en primeira e desexo que logre o obxectivo da permanencia", afirmaba na súa despedida
Cristóbal Parralo di adeus á súa estancia no Dépor e na cidade deportiva de Abegondo, e agradece ao club "polo seu apoio, aos traballadores do club, á prensa e á afección. Estou seguro que o Deportivo seguirá en primeira e desexo que logre o obxectivo da permanencia". Con todo, aceptou a súa marcha con tristeza polos resultados obtidos, tras o recente 5-0 encaixado ante a Real en Anoeta.
Parralo teno claro: "A miña destitución é polos resultados que tivemos, o presidente fixo un cambio e respecto a decisión. O que máis me apena é non conseguir máis puntos", aínda que tamén expresou as súas intencións de non seguir no equipo, onde non se ve agora mesmo a pesar da proposta de continuación que recibiu.
En canto aos seus xogadores, o adestrador non dubidou sobre o seu rendemento e non cría que "baixasen os brazos nin que poidan permitirllo. Eu non vin aquí para facer amigos, si para que o equipo funcionase".
Cristóbal Parralo desexoulle moita sorte ao seu substituto, Seedorf, na súa loita porque o Dépor escale posicións e logre superar os obstáculos que lle depara o seu futuro máis próximo.
Escribe o teu comentario