O Festival TerraCeo prende a súa traca final con Pancho Varona, Os Segredos, Nena Polaca e The Tallest Man On Earth

O concerto de Pancho Varona e Os Segredos, previsto para xuño, celebrarase finalmente o próximo 24 de agosto. 


|

Niu00f1a polaca
Nena Polaca | Foto: RTVE

 

A traca final do festival máis longo do verán en Galicia xa está aquí. O Auditorio Mar de Vigo é a casa do TerraCeo, un ciclo de concertos que arrinca en maio cos primeiros días de calor e termina en setembro, cando as follas comezan a tomar un ton outonal. Pola cidade olívica han pasado The Rapants, Anxo Stanich, José James, Rebeliom do Inframundo, The Jayhawks ou Christina Rosenvingen. Artistas internacionais, nacionais e do país que gozaron dunha posta de sol envexable como pano de fondo en actuacións que serán lembradas como algunhas das mellores dunha estación que encara xa as súas semanas decisivas.

 

TRES ÚLTIMOS CONCERTOS

E é que co fin do verán chegan as últimas actuacións do TerraCeo, comezando pola de Pancho Varona e Os Segredos, un concerto previsto para o 1 de xuño pero que se reprogramó para o 24 de agosto, para alegría dos fans e de todos aqueles que xa adquiriran a súa entrada. Precisamente, ao trío que compoñen Ramón Arroyo, Álvaro Urquíjo e Jesús Redondo e ao que se suma o mítico Pancho Varona, será o concerto que reinicie as actuacións despois duns días de pausa no audiotorio, marcados en parte para evitar pisar gran o número de actuacións das últimas semanas na riquísima oferta cultural que ofrece Vigo. 

 

 

Xa para o 30 de agosto será a quenda de Nena Polaca, un dos grupos máis demandados do momento. 'Os días malos', 'Moito tempo contigo' ou 'Traveso' son algúns dos temas máis coreados dos festivais do verán e non podían faltar no TerraCeo, onde deleitarán ao gran públcio coas cancións de 'Que adoren os teus ósos', o segundo títutlo da banca co que levantaron paixóns.

 

Para pechar, un pouco de folk sueco co que pór punto e final á V Edición do Terraceo da man de The Tallest Man On Earth. As voces internacionais son unha dos acenos de identidade do festival e co escandinavo o festival vigués fai unha aposta segura ao chamar a Kristian Matsson ao escenario o próximo 7 de setembro, onde descubrirá a todos o seu sexto álbum, 'Henry St.', co que volveu con máis forza que nunca.

 

Con todo, a paréntese do TerraCeo, que seguro volverá o ano que vén cunha nova edición cargada de sorpresas, non significa que o Auditorio Mar de Vigo bote a chave até o próximo verán: actuacións como a do humorista Goyo Jiménez, musicais como o de 'Chicago' e o inspirado na película 'Coco' de Pixar, a ópera 'Carmen', 'O show de Bluey' para o público infantil ou o concerto de Sergio Dalma son algunhas das propostas para os meses de outubro e novembro no auditorio olívico, onde nin a música nin o bo humor faltará este outono. 

 

 

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE