​Fede Cartabia: "Seedorf é un líder tamén como adestrador"

O arxentino destaca que "cando as cousas non van é moi difícil cambiar a mentalidade".


|

Lucas perez fede cartabiaCartabia recoñece que non está ao cento por cento. Foto: RC Deportivo


Fede Cartabia lamenta que "sempre que hai un cambio de adestrador a intensidade cambia e con Cristóbal non tivemos esa sorte, aínda que el traballou moi ben e agradecémosllo".


O arxentino compareceu ante a prensa tras estes primeiros adestramentos ás ordes de Seedorf. Cartabia subliñou que o que facía falta "non é carisma, senón un cambio. Cando as cousas non van a mentalidade é moi difícil cambiala".


Por iso, valorou os primeiros contactos co novo adestrador como un proceso de adaptación. "Sérvennos para coñecernos persoal e futbolisticamente. Debemos mellorar moitos aspectos".


No anímico, destacou a figura de Seedorf: "Nótase que é un líder, érao como xogador e tamén agora como adestrador".


A nivel persoal, recoñece que na súa reaparición "ao cento por cento non estou. Levo dúas semanas de adestramento. Cústame un pouco volver".


Admite o extremo do Dépor que o partido deste luns ante o Betis en Riazor "é unha final por como se nos deron os partidos anteriores. Cada vez está máis difícil. Os equipos están a gañar e temos que empezar a gañar".


relacionada Sulley Muntari chega ao Dépor para poñerse a proba
relacionada Cristóbal di adeus ao Dépor e deséxalle sorte a Seedorf
relacionada Seedorf: o salvavidas do Depor ou a pedra que o afunda definitivamente
relacionada ​Celso Borges: "Temos que gañar por supervivencia"

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE