​Rajoy chama á "responsabilidade individual" e ao aforro para vivir tras a xubilación

O Goberno aproba este venres poder rescatar aos 10 anos o investido nun plan de pensións, que roldan os 13.000 euros de media.


|

Rajoy sorrisoOs españois con plans privados teñen 13.000 euros de media. Foto: @marianorajoy


O presidente do Goberno avanzou que o Consello de Ministros aprobará este venres un real decreto que permitirá liquidar sen limitacións as achegas realizadas aos plans de pensións, así como os rendementos xerados, aos dez anos.


Así o anunciou durante a súa intervención nun xantar-coloquio do Foro ABC, no que anunciou tamén que se van rebaixar "moi sensiblemente" as comisións que os aforradores lles pagan ás entidades xestoras.


Rajoy destacou que a reforma tenta incentivar o aforro, apela á "responsabilidade individual e dá máis liberdade e máis garantías ao aforrador". Con todo, aseverou que en España o sistema de pensións público está garantido polo Estado, ao ser un dereito "irrenunciable" dos españois, aínda que insistiu en que hai que seguir acordando entre todas as forzas políticas medidas para a súa "estabilidade e mellora".


En todo caso, considera que esa mellora é compatible coa iniciativa privada do aforro, sobre o que lembrou que os plans de pensións privados existen en España desde hai 30 anos e "complementan, non substitúen, o modelo de pensións públicas".


"O Pacto de Toledo, nas súas recomendacións, anima a reforzar estes sistemas complementarios de aforro", lembrou Rajoy, quen subliñou que na actualidade máis de 8 millóns de persoas teñen un plan de pensións cun aforro acumulado de 106.000 millóns de euros. Unha cifra que revela unha media de algo máis de 13.000 euros aforrados para a xubilación.


PLANS DE PENSIÓNS DE EMPREGO


A nova norma tamén establecerá que os partícipes dos plans de pensións de emprego tamén terán dereito a liquidar as súas achegas en dez anos, se así o permite o compromiso e as especificacións do plan e as súas condicións e limitacións.


Na actualidade, tan só se permite rescatar as achegas realizadas aos plans de pensións unha vez alcanzada a xubilación, ou nos supostos de enfermidade grave ou paro de longa duración.


relacionada ​Sánchez acusa á dereita de desexar que o sistema de pensións "rebente"
relacionada ​Xubilados e pensionistas concéntranse en defensa das pensións convocados pola CIG
relacionada Un 20% dos españois cre que non cotizará o suficiente para elixir toda a súa vida laboral na pensión
relacionada ​O BNG reclama máis competencias sobre impostos e vías para mellorar as pensións

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE