Vero Boquete rescinde co PSG para ir á Superliga chinesa
A futbolista galega non estaba a gozar de minutos esta tempada.
Verónica Boquete volve facer as maletas e iniciar unha nova etapa, que a leva esta vez de París a Pequín. Tal e como recollen numerosos medios, a futbolista galega rescindiu o seu contrato co PSG e xa pasou recoñecemento médico co Beijing BG.
Esta tempada non estaba a contar con minutos no conxunto galo. A fichaxe aínda non é oficial, pero o club da Superliga chinesa ten prevista unha estancia en Barcelona, cando se espera que se faga público.
É o sétimo país no que recalará na súa traxectoria profesional. Tiña contrato ata final de tempada, pero a competición empeza no país asiático co ano novo. A Superliga, que vive un momento de auxe no fútbol masculino, tamén está a empezar a apostar pola liga feminina.
Escribe o teu comentario