Oswaldo Digón e David Amor protagonizan o regreso dos 'monólogos R' en Vigo e A Coruña

Os dous humoristas ofrecen os seus shows 'In-Certo' e 'Love está non aire' na XVIII Edición deste ciclo de monólogos. 


|

WhatsApp Image 2026 02 05 at 12.48.43
David Amor e Oswaldo Digón | Fotos: Cultura.gal

 

Para reir ata que doian as costelas, ata que saian agujetas, ata que teñas a cara vermella e caian lagrimones. Iso é o que perisguen os de R coa iniciativa 'monólogos R', que leva xa 18 edicións levando por toda a xeografía galega aos mellores humoristas e que segue apostando polo bo humor para facer chegar ao público as historias máis desternillantes e as reflexións máis hilarantes nalgúns dos recintos máis emblemáticos do país.

 

18 ANOS DE RISAS

Para esta XVIII Edición, os 'monólogos R' traen a Vigo e A Coruña aos cómicos Oswlado Digón e David Amor. Aterrarán este venres 6 de febreiro ás 21 horas no Auditorio Mar de Vigo para alegría de toda a cidade olívica antes de saltar o 13 de febreiro ao Palacio de Exposicións e Congresos (Palexco) da Coruña, tamén ás 21 horas. 

 

 

Con case dúas décadas de traxectoria ás costas, os 'monólogos R' fixeron rir a miles de galegos nestes 18 anos onde o operador galego erixiuse como un dos principais apoios dos artistas do país. Digón, de Cervantes, e Amor, de Salceda de Caselas, son un claro exemplo desta aposta coa que R chega á comunidade para sacarlle a mellor dos sorrisos. 

 

 

'IN-CERTO' E 'LOVE ESTÁ NON AIRE'

Nesta ocasión, o cervantino presenta 'In-Certo', un show onde o público tamén toma a palabra, pois é cos espectadores cos que inicia un diálogo que nunca se sabe a dirección que vai tomar, pois Digón fíxase nesas pequenas cousas que poden pasar inadvertidas, pero ás que o ollo experto sabe sacar punta. Ademais, a presenza da tecnlogía na nosa vida diaria ou as fake news serán algúns dos temas que sairán á palestra. 


No caso de David Amor, un dos rostros máis reconocibles da comida a nivel nacional, o seu espectáculo 'Love está non aire' defínese como o "máis sincero do mundo", porque descobre todas as intimidades do galego, que se abre ao público de maneira descarnada e xocosa para tratar asuntos como algunhas das súas obsesións, como os aeroportos, que agora ocupan gran parte do seu pensamento. 

 

Por outra banda, desde R advirten ao público que hai moito máis do que poden contar neste ciclo de monólogos, pois para esta edición hai "algunha novidade inesperada" que pillará á audiencia por sorpresa. Para saber de que se trata, hai que facer cunha das cotizadas entradas para estes shows no marco dunha iniciativa que xa reuniu a máis de 53.000 asistentes nestes anos, pasando por 30 municipios e deixando gargalladas alá por onde pasa, contando con algúns nomes de primeira orde como Marita Martínez, Javier Veiga, David Perdomo, Marta Doviro, Carlos Blanco, Xosé A. Touriñán ou Rober Adegas.

 

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE