A Garda Civil investiga unha posible violación a unha peregrina
A muller tivo que ser atendida no hospital por ansiedade e hipotermia grave.
O caso dunha posible violación a unha peregrina de nacionalidade venezolana en Val do Dubra ten á Garda Civil investigando todas as pescudas que a leven a resolver ou polo menos esclarecer o que ocorreu. Polo momento, a investigación céntrase en constatar os datos achegados pola denunciante, xa que, debido ao estado ao que chegou ao hospital, houbo contradicións na súa declaración.
Con todo, nunha situación así entra dentro da normalidade que a posible victima cometese incongruencias á hora de declarar, por culpa do cadro de ansiedade e o estado de hipotermia que presentaba.
A denuncia realizouse na madrugada do sábado ao domingo ante a Garda Civil de Santiago. A investigación está a cargo do Xulgado de Instrución Número 2 de Santiago. Os feitos denunciados supostamente sucederon o fin de semana cando a peregrina cubría o tramo entre Fisterra e Santiago de Compostela. Tras a denuncia, unha unidade do Equipo de Muller-Menor (Emume) da Policía Xudicial da Coruña procedeu a investigar a denuncia.
Escribe o teu comentario