Ao secretario xeral de Xuventudes Socialistas de Galicia nótaselle sereno ante o panorama que afronta o PSdeG tras as diversas denuncias por acoso. Desde Xuventudes reclamaron un Comité Nacional Extraordinario para avaliar suceder e tomar medidas, sobre todo, reformular o sistema de denuncias internas. Reclama que José Tomé e Xosé Carlos Valcárcel devolvan as súas actas, a pesar de ser persoais, non do partido. A día de hoxe para Doval o socialismo galego debe aproveitar a súa ampla base municipal para recuperar a Xunta.
Galiciapress entrevista ao líder de Xuventudes Socialistas de Galicia, Xurxo Doval (Ourense, 2000), para coñecer a postura da organización en temas como Altri, a mina de Doade ou a vivenda. A crise do PSOE en Compostela, as impresións despois do último Congreso do PSdeG ou as dificultades dos mozos para comezar na política, algúns dos outros temas desta conversación.