Creo que poucos dubidan de que se os políticos se unisen para resolver os problemas dos cidadáns, os resultados serían bastante mellores que se se dedican exclusivamente a sabotear aos seus opositores ou a buscar o seu beneficio persoal.
Hai quen cre que é capaz de inventar cousas que aínda non existen, xente que desborda ideas para solucionar calquera problema que se lles expoña. Algunhas destas persoas materializan as súas ideas, ou tratan de facelo, aínda que a maioría quedan nas palabras ou non chegan nin a expresarse.