Tarot

Que unha xuíza cobre por botar o Tarot non é sancionable, ditamina o órgano de goberno dos xuíces

A Comisión Disciplinaria do Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) acordou, por 4 votos a 3, arquivar o expediente incoado polo Promotor da Acción Disciplinaria á titular do Xulgado de Vixilancia Penal número 3 de Galicia (con sede en Lugo), María Jesús García Pérez, investigada por supostamente cobrar por botar as cartas do tarot, como falta moi grave.

Expediente disciplinario por "falta moi grave" á xuíza investigada por anunciarse como tarotista
O promotor de Acción Disciplinaria Consello Xeral do Poder Xudicial (CGPJ) abriu un expediente disciplinario á titular do xulgado de Vixilancia Penal número 3 de Lugo, María Jesús García Pérez, pola suposta comisión dunha falta "moi grave" por, supostamente, anunciarse como tarotista e vidente e levar a cabo estas prácticas.
Expedientada unha xuíza por exercer como tarotista
Un home que se identifica como "empregado de fogar" da maxistrada: "Quen fai o do tarot son eu. Deume permiso para facelo"

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE