Na presunta trama de mordidas a cambio de postos de traballo na limpeza da Coruña -que provocou a detención de catro persoas a pasada semana- e na suposta xemelga en Ourense -que denunciou a CIG ante a Fiscalía en 2020- hai dous suxeitos que se repiten, o Sindicato de Traballadores da Limpeza (STL) e a gran empresa concesionaria de servizos públicos FCC. Por algún motivo, a empresa cedeulle ao sindicato a selección de parte do persoal tanto na Coruña como en Ourense.