A Xunta de Galicia deu de prazo aos sindicatos ata o pasado venres 18 ás 14.00h para aceptar o acordo. De non facelo, advertiu que se sentiría "liberada" de calquera compromiso e adoptará a decisión que corresponda para pechar formalmente o conflito.
Segundo fixeron público nun comunicado, SPJ-USO adhírese a AXG-CUT, STAJ e CIG, reconstruíndo así a unidade e establecendo unha nova maioría sindical. Desde as asociacións instaron ao resto de sindicatos a que se unan a esta maioría.