Pero os novos tempos, marcados por unha moita maior presenza das mulleres na política e no sindicalismo, non parecen ser quen de evitar nin o distanciamento entre as esquerdas e o feminismo nin a división no movemento feminista. Unhas divisións nas que o goberno de quenda, en concreto o Ministerio de Igualdade, ten a súa cota de responsabilidade.
Con motivo do 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, Galiciapress entrevista a algunhas das mulleres con máis peso na política galega das tres formacións presentes no Parlamento de Galicia para coñecer os seus puntos de vista.
A poucos días para o 25 de novembro, Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, Galiciapress entrevista a algunhas das mulleres con máis peso na política galega das tres formacións presentes no Parlamento de Galicia para coñecer os seus puntos de vista.
“A súa maneira de ver a vida, propia de malcriadas que aspiran a chegar soas e bébedas, desprovistas de responsabilidades nin sequera diante das súas peores decisións, avergónzanos á maioría das mulleres que traballamos todos os días para sacar adiante ao noso país" (Isabel Díaz Ayuso, presidenta da Comunidade Autónoma de Madrid).