A historia de Ángel Torres, un raparigo de 29 anos natural de Cuntis, é a de alguén que se enfronta cada día ante a adversidade. Un accidente laboral fai xa case dous anos deixouno sen perna. Sen indemnización algunha por este suceso, propúxose non só volver camiñar senón non deixar de facer o que lle gustaba, como ir en moto ou en monopatín. "Preguntábame si algún día ía poder camiñar de novo. E mira agora". Agora converteuse nun diamante en bruto dentro do programa de promesas paralímpicas. Sobre unha táboa de snow hai poucos máis rápidos que el, pero necesita un esponsor que poida axudalo a custear unha prótese para poder competir en igualdade de condicións, polo que iniciou unha campaña de micromecenazgo: "Costa 10.000 euros; sen ela terei que deixar o programa".
Polémica pola xestión da estación de esquí de Mazaneda, vinculada segundo o PSdeG a sociedades panameñas corruptas