A Xunta indica que hai 18 contaxiados na Mariña, cando onte informou de 11 no brote familiar . O do núcleo familiar de Xove segue con 11 casos, os outros proveñen doutro foco. Entre os dous é probable que haxa relación, aínda que aínda se está investigando.
Ourense líbrase dun caso, Vigo de dous; mentres que as áreas menos afectadas, Ferrol e Pontevedra, continúan igual, con 11 e 8 casos respectivamente.Na última actualización, o número de casos activos de coronavirus en Galicia é de 311, dos cales 81 son da área da Coruña, 31 de Lugo, 21 de Ourense, 8 de Pontevedra, 133 da área de Vigo, 26 de Santiago, e 11 de Ferrol.
A situación na costa de Lugo complícase. Por unha banda, está o brote ao fío dunha reunión familiar en Xove, con 8 positivos e con ducias de probas pendentes. Ademais, hai polo menos outros dous casos, en aparencia non relacionados, o que indicaría que o coronavirus se está transmitindo en varios lugares da Mariña.
Son todos membros do mesmo grupo familiar e por agora hai 4 persoas que deron negativo e outras 25 pendentes do resultado.
A Xunta realizou nas últimas horas 13 PCRs máis e non hai ningún novo positivo, aínda que 1 resultado está pendente. En total, son máis de 100 as persoas sometidas a análises e que están en corentena en Ribeira, Porto do Son e A Pobra do Caramiñal. Os casos confirmados seguen sendo os mesmos que o sábado, 9.
Residencia Castrillón é centro xeriátrico privado con 43 prazas e que foi fundado en 1.999. Os positivos confirmados mediante PCR son por agora 18, 5 deles traballadores da residencia. Os primeiros síntomas nalgunhas persoas apareceron fai seis días.