Outro brote en Galicia, este en Xove con oito positivos de coronavirus

Son todos membros do mesmo grupo familiar e por agora hai 4 persoas que deron negativo e outras 25 pendentes do resultado.


|

Son todos membros do mesmo grupo familiar e por agora hai 4 persoas que deron negativo e outras 25 pendentes do resultado.



A plataforma de vixilancia e control epidemiolóxica e os servizos de medicina preventiva e saúde pública do Sergas detectaron a aparición dun brote de coronavirus na comarca da Mariña, segundo informou a Consellería de Sanidade.


Robot para procesar test de coronavirus PCR en Vigo co que o SERGAS espera multiplicar a súa capacidade de análise





En concreto, detectáronse oito casos positivos en coronavirus no concello de Xove. Todos eles pertencen ao círculo familiar no que se rexistrou o primeiro caso.

"Trátase, pois, dun brote familiar de infección por COVID-19 que se detectou onte pola tarde", explica a Consellería que engade que, a partir desta confirmación, fíxose un rastrexo e analizáronse todos os contactos da persoa afectada.

Ata o momento, mediante as probas realizadas, confírmase a existencia de oito positivos en COVID-19 (incluído o caso inicial), catro negativos e 25 máis pendentes de resultado.

"Desde o momento no que o Sergas detectou o primeiro positivo do foco identificado, na tarde de onte, activouse o protocolo de seguimento e realizáronse as probas PCR a todos os contactos estreitos deste positivo".

ASINTOMÁTICOS Ou LEVES
Tamén precisa que nestes momentos "dos oito casos positivos a maioría son asintomáticos, excepto dúas que presentan sintomatoloxía de carácter leve, máis teñen o deber de gardar corentena durante 14 días", remarca.

Do mesmo xeito, as persoas cuxas probas deron resultado negativo permanecerán en seguimento no seu domicilio, asesorados pola plataforma de vixilancia epidemiolóxica e os servizos de medicina preventiva e saúde pública do Sergas. Ningún afectado tivo que ser hospitalizado.

A Consellería de Sanidade leva rastrexado ata o momento a unhas 40 persoas relacionadas con este brote familiar e séguense investigando posibles contactos.

Desde o Sergas lémbrase á cidadanía a necesidade de continuar coas medidas hixiénico-sanitarias establecidas desde o inicio da pandemia do coronavirus, poñendo especial énfase na necesidade de empregar sempre as máscaras, naqueles espazos onde non é posible gardar a distancia de seguridade social.

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE