O brote da Mariña suma máis casos e o SERGAS advirte que "o coronavirus está a circular"

|


A Xunta indica que hai 18 contaxiados na Mariña, cando onte informou de 11 no brote familiar. O do núcleo familiar de Xove segue con 11 casos, os outros proveñen doutro foco. Entre os dous é probable que haxa relación, aínda que aínda se está investigando.


Así o sinalou este venres o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, ao comezo dunha rolda de prensa sobre os protocolos de seguridade para lecer nocturno e verbenas, na que indicou que o brote na comarca coruñesa de Barbanza "está controlado" e "non houbo ningún cambio" con respecto a xornadas anteriores.


Almuu00edu00f1a e Rueda chegando á rolda de prensa hoxe en San Caetano

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuíña, presentaron hoxe en rolda de prensa o protocolo coas medidas de seguridade e limitacións de aforo que deberán seguir os locais de lecer nocturno, as verbenas e as festas populares a partir do 1 de xullo  


DOUS BROTES QUE PODEN ESTAR RELACIONADOS


Con todo, en relación á zona da Mariña luguesa destacou que están "aínda na fase de control de contactos" e detectáronse "directos 11 casos" --en Xove--.

"Hai dous núcleos na mesma Mariña que, posiblemente, estean relacionados", afirmou Almuiña, para puntualizar que o investiga Saúde Pública, "que poderían alcanzar un total de 18 (positivos) no brote" desta comarca lucense "se se confirman estes casos, que ata o de agora eran orfos, non tiñan ningunha relación causal co brote orixinal", puntualizou.


INVESTIGACIÓN EN MARCHA


"Estamos a facer os estudos de contactos e facendo probas diagnósticas", apostilou o titular de Sanidade en relación con este brote na provincia de Lugo.


"Seguimos traballando por facer que esta situación sexa estable, pero o virus está a circular e buscando cidadáns sensibles"

Con todo, o conselleiro subliñou que non se acabou "aínda" a crise sanitaria. "Non vencemos a pandemia, estamos nunha situación epidemiolóxica boa", manifestou, para incidir en que Galicia sitúase como "a segunda comunidade con menos incidencia acumulada" nos últimos 7-14 días. "Seguimos traballando por facer que esta situación sexa estable, pero o virus está a circular e buscando cidadáns sensibles", afirmou.


Almuiña indicou que este venres Galicua rexistra 311 casos activos de COVID-19, ningún na UCI, dos cales catro corresponden a pacientes "en unidades de hospitalización e 307 en domicilio". "A día de hoxe levamos 409.000 probas diagnósticas, entre PCR e test serológicos", valorou.


Sen comentarios

Escribe o teu comentario




Non está permitido verter comentarios contrarios á lei. Nos reservamos o dereito a eliminar os comentarios que consideremos fora de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal Cookies Consello editorial Publicidade
Powered by Bigpress