O grupo de Amancio Ortega promete que recolocará aos empregados afectados noutros comercios e departamentos. Pecharán establecementos de todas as marcas -incluídas Zara, Pull & Bear e Breshka-, sobre todo os máis pequenos. A bolsa acolle a noticia dos peches e das inéditas perdas trimestrais anunciadas hoxe cunha subida do 1,83% a media mañá.
O Comité de Empresa de de Pull&Bear Loxística en Narón alerta que as malas prácticas de Inditex e a mútua Fraternidade - Muprespa están a crear enfermos mediante "unha situación de abuso e fraude". "A empresa négase a contratar suficiente, non lle importa seguir xerando enfermos", denuncian nunha nota remitida polos representantes dos sindicatos UXT, CIG e CC.OO.