Denuncian "prácticas mafiosas" en Inditex que "crean enfermos"
O Comité de Empresa de de Pull&Bear Loxística en Narón alerta que as malas prácticas de Inditex e a mútua Fraternidade - Muprespa están a crear enfermos mediante "unha situación de abuso e fraude". "A empresa négase a contratar suficiente, non lle importa seguir xerando enfermos", denuncian nunha nota remitida polos representantes dos sindicatos UXT, CIG e CC.OO.

De acordo á súa versión, o grupo de Amancio Ortega "impulsa o traballo mafioso por parte de Muprespa" persionándolos para ir traballar cando están enfermos e derivándoos ao SERGAS cando non lle corresponde. O resultado é sobregasto do sistema sanitario público e que "máis de 100 traballadores teñen lesións musculo-esqueléticas (hernias, protusiones, calcificaciones, epicondinitis...)" produto dos labores repetitivos ás que somete aos mozos de almacén.
A empresa non respondeu a estas acusacións públicas. É práctica habitual de Inditex obviar as queixas sindicais, que teñen escasa repercusión na prensa galega.
Os traballadores, que quéixanse da imaxe de "empresa modelo" do grupo téxtil, convocan varias protestas na sede de Ferrol. Serán os próximos luns 5 e 12 de novembro diante a mutua a partir das cinco da tarde.
Escribe o teu comentario