Rosalía estréase como deseñadora de Inditex - Pull&Bear
                Inditex fichou á cantante catalá Rosalía para deseñar unha colección para a súa insignia Pull&Bear, que estará á venda para partir do próximo 12 de novembro, segundo anunciou este mércores a firma.
            
 
                
        
        
A máis puxante das artistas do flamenco actual está a piques de estrear unha coleción propia para a cadea téxtil
Inditex fichou á cantante catalá Rosalía para deseñar unha colección para a súa insignia Pull&Bear, que estará á venda para partir do próximo 12 de novembro, segundo anunciou este mércores a firma.

   Desta forma, a artista, nomeada a 5 Grammy Latinos, colaborará por primeira vez cunha marca de moda para crear unha colección de seu.
   Tras o éxito global de 'Malamente'  e o recente lanzamento do seu segundo álbum 'El Mal Querer', a cantante e a marca do Grupo Inditex crean a liña 'Pull&Bear by Rosalía'.
   Esta alianza, que une música e moda, é froito do compromiso de Pull&Bear por apoiar un movemento xeracional que pon en valor a nova escena creativa española, da que a cantante Rosalía é un dos seus máximos expoñentes, segundo sinalou a cadea de moda.
 
     
					
Escribe o teu comentario