Manuel Marey é catedrático do Departamento de Produción Vexetal e Proxectos de Enxeñaría do Campus Terra da USC en Lugo. A isto engádese o seu traballo como agricultor, gandeiro e silvicutor elementos dos que di sentir máis satisfeito. Manuel Marey responde a unha serie de preguntas sobre o monte e o problema dos incendios. O problema máis grave para el é a falta de xestión sobre o territorio, a acumulación de biomasa sobre terreos abandonados e a perda de interese sobre o territorio.