Segismundo García, propietario de Sargadelos, asinaba os papeis para o despedimento de tres traballadoras o pasado 25 de abril. Culminaba así un episodio que empezaba o 2 de abril cando pechaba as instalacións en Cervo despois de recibir unha multa de 5.000€ por parte de Inspección de Traballo. Este era un capítulo máis nunha serie de conflitos laborais que aínda pode deparar sorpresas