porco celta

Porco celta mantense en alza en Nadal fronte á caída de prezos pola peste porcina

Porco celta/EPO porco celta mantense alleo á caída de prezos que si sofre o resto de produtores de porco en Galicia a raíz do efecto no mercado que supuxo a detección de casos de peste porcina africana en xabarís en Barcelona.En declaracións a Europa Press, o director técnico da asociación de criadores de raza porcina celta (Asoporcel), Iván Rodríguez, destaca que o prezo da carne de porco celta segue máis alto que a do porco e continúa a previsión dunha maior demanda en datas do Nadal.No medio de accións de promoción con motivo da época de cocidos e o nadal, e coa vista xa posta tamén nos entroidos, os produtores de porco celta, 137 gandarías cuns 4.000 animais con datos a decembro de 2024, ven con "preocupación" o brote de peste porcina, pero tamén fan un chamamento "á calma".Neste sentido, Rodríguez traslada que hai operadores "angustiados" e traballando "contrarreloxo" porque se está "consumindo moi ben o produto", por exemplo en comidas e ceas de traballo, co cal os sacrificios se fan "todas as semanas", cando normalmente é unha si e unha non, de media."TOQUEMOS MADEIRA""Por agora" o sector "non se resente" pola crise da peste porcina, constata, mentres 'toca madeira'.

Makelele e Pantalóns competirán por ser o mellor 'porco celta' na feira Abanca Semana Verde de Galicia

Máis de 30 ganderías inscribíronse ao certame que se disputará en Silleda.  Entre o 2 e o 5 de xuño, Abanca acollerá o IV Concurso Morfolóxico e o III de Manexo da raza.

O 'Porco Celta' presentará o seu logo de raza autóctona en Silleda

O selo "facilita ao consumidor máis información sobre o produto" e "supón unha vantaxe comercial" aos produtores.

Galicia, Asturias e País Vasco investigan como maximizar a produción de porco celta

Organismos das tres comunidades buscan conxugar a explotación extensiva co menor impacto posible na contorna.


Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE