O incendio nunha vivenda de Sigüeiro onde os residentes ían ser desafiuzados ese mesmo día e que provocou a morte dunha muller de 60 anos destapou o problema dos lanzamentos en Galicia e do risco de vulnerabilidade de moitas familias. A 'Plataforma Afectadas pola Hipoteca' (PAH), impulsores do movemento 'STOP Desafiuzamentos', atende a Galiciapress para achegar o seu punto de vista sobre este caso, moito máis habitual do que cremos.
Afectados pola Hipoteca alertan de que non hai "ningún plan" para axudar as persoas que se atopan nesta situación.