Pablo Branco, o mozo agredido por un grupo de cinco novos en Pontevedra por levar unha camiseta co lema ‘Galiza’ e a estreleira, atende a Galiciapress para relatar o ocorrido. Afortunadamente, o mozo atópase “bastante ben, dentro delo que cabe”. “Se non se meteron uns raparigos para axudarme podería ser moito peor”, subliña Pablo.