Os cambios na sociedade no século XXI están a chegar aos postos de traballo. Así o sinalan enquisas e medios que seguen tendencias xuvenís: a xente nova quere dar máis espazo á calidade de vida e que o traballo non sexa o único elemento sobre o que pivota a súa vida. Conscientes ou non das dificultades do mercado laboral, o caso é que nos países Occidentais a man de obra máis nova busca máis tempo de calidade nas súas vidas e non “queimar” as horas nos seus traballos
Os sociólogos afixemos a establecer como ‘ritos de paso’, fundamentais na vida das persoas, os momentos en que se iniciaban outras etapas como a formación, por exemplo, de parellas e familias.