Galiciapress entrevista ao candidato do PP en plena tormenta da política ourensá. O ex-alcalde é tallante, el xamais reeditará o cambio de cromos polo cal o seu partido cedeu o Concello a Jácome a cambio da Deputación, un pacto que, di, “nin entendín nin entendo”. Unha novo PXOM, as enquisas e as súas motivacións para volver a primeira liña son outro dos temas desta conversación, parte da entrevistas precampaña que está a publicar este xornal.
Alguén estivo gravando ao alcalde de Ourense no seu despacho e filtrou, ou está a filtrar, conversacións moi comprometedor. Esta é unha das conclusións que se puiden sacar da publicación esta mañá de novos audios de Gonzalo Pérez Jácome, candidato de Democracia Ourensá á reeleción.