Andalucía acaba de incorporar logopedas ao seu servizo público de atención primaria. Galicia, a pesar das demandas do Colexio Profesional de Logopedas de Galicia, e o resto de autonomías, aínda non. Galiciapress charla con Javier Bueno Herrera, secretario do Colexio, sobre como a logopedia pode axudar a, en última instancia, aforrar moito diñeiro ás arcas públicas. Non só axudando no desenvolvemento da linguaxe dos pequenos e cos problemas de deglución dos maiores, tamén limitando o número de baixas por problemas de voz e aumentando as opcións de sobrevivir dos pacientes críticos. O impacto das máscaras e os sinais ás que as nais e pais deben estar atentos son outros dos temas desta entrevista.
Este ano, o Centro de Logopedia da Coruña decidiu volver poñer en marcha programas de bolsas, porque estes programas son moi importantes para as familias con menos recursos económicos.