Segundo explicou o PP nun comunicado, o obxectivo do texto é achegar "seguridade xurídica" aos propietarios porque "a solución nunca pode ser tirar as casas das primeiras liñas de praia deses núcleos tradicionais, deixando uns espazos moi degradados tras as demolicións".
A semana que vén, máis concretamente o martes 7 de febreiro, o Tribunal Supremo reunirase para resolver unha cuestión pola que a cidade de Pontevedra leva ano pendente: debe Ence abandonar o seu emprazamento en Lourizán?