O PACMA vai camiño de entrar no Congreso, con ata dous deputados segundo o CIS, e á fronte dos animalistas está unha galega. Galiciapress entrevista a Laura Duarte (Vigo, 1986), única muller candidata a presidir o Goberno de España. Número de 1 por Madrid, a xornalista explica cal sería a estratexia do seu partido á hora de conformar Goberno, descartando negociar con Vox. As problemáticas ambientais en Galicia -advirte que non estamos preparados para outro Prestige -, o seu modelo de Estado e a reforma da lei electoral son outros dos temas desta conversación.