Estrela López Sheriff é un dos seisdeportistas galegos no iminente Cameponato do Mundo do Mundo. A judoca coruñesa, do club Judo Hércules, é ademais unha dos competidores que, en teoría, parte con máis opcións de lograr un papel destacado, a tenor dos útlimos destacados. De fondo, a clasificación para as olimpíadas.
Con todo, ata o momento López atópase no bo camiño para conseguilo, pois en 2020 proclamouse terceira no Campionato de Europa. Por tanto, dada a súa traxectoria e as súas condicións actuais, todo parece indicar que continuará regalando éxitos a Galicia durante os dous anos que lle faltan para chegar aos Xogos de París de 2024. Compite na categoría de -52kg e as súas próximas metas serán o Grand Prix de Zagreb o 15 de xullo e o Campionato do Mundo a principios de agosto.