A Sheriff galega fixa o seu punto de mira nas medallas do Campionato do Mundo de Judo de Doha
Estrela López Sheriff é un dos seisdeportistas galegos no iminente Cameponato do Mundo do Mundo. A judoca coruñesa, do club Judo Hércules, é ademais unha dos competidores que, en teoría, parte con máis opcións de lograr un papel destacado, a tenor dos útlimos destacados. De fondo, a clasificación para as olimpíadas.

Nesta ocasión non estará Nikoloz Sheradadishvili, o dobre campión do mundo español con raíces en Xeorxia, por estar a se recuperar dunha importante lesión. Por iso é polo que as miradas dos afeccionados póusense noutros deportistas, como López Sheriff, que xa deron sinais de poder achegar ao podio en campionatos internacionais de primeiro nivel. Por exemplo, no recente Grand Slam de Turquía desta primavera, a herculina quedou quinta, perdendo o bronce coa adversaria uzbeca.
A galega ocupa actualmente o número 12 do ranking olímpico. Isto sitúaa con moitas posibilidades de clasificar para as próximas olimpíadas, pois normalmente son convidados doce judokas en cada categoría..
Estrela López Sheriff compite no o segundo peso máis livián, para as máis lixeiras que 52kg. A súa quenda chegará o día 10 de maio. Este día tamén saltarán ao tatami dous galegos na categoría de 66kg., Alberto Gaitero e David Garcia.
O Campionato do Mundo de Judo celébrase do día 9 de maio até o día 15 de maio, ambos inclusive, en Doha, capital de Qatar. Cada día de campionato compite un peso de mozas e outro de mozos.
O que pase en Doha é clave, porque é a última gran competición global antes dos JJOO de París. Se o nivel xa é habitualmente moi alto, en Doha o será aínda máis, pois o primeiro campionato en varios anos no que volven competir os deportistas de Rusia. Prevese que participen case 700 deportistas de case 100 estados.
Escribe o teu comentario