A judoca Estrella López gaña o bronce no Gran Slam de Georgia e ponse un paso máis preto dos Xogos

Con todo, ata o momento López atópase no bo camiño para conseguilo, pois en 2020 proclamouse terceira no Campionato de Europa. Por tanto, dada a súa traxectoria e as súas condicións actuais, todo parece indicar que continuará regalando éxitos a Galicia durante os dous anos que lle faltan para chegar aos Xogos de París de 2024.  Compite na categoría de -52kg e as súas próximas metas serán o Grand Prix de Zagreb o 15 de xullo e o Campionato do Mundo a principios de agosto.


|

A madrileña impúxose este 3 de xuño en Tbilisi contra a italiana Castagnola e fíxose coa medalla. 

 

Este logro coloca a Estrela nunha posición avantaxada para o seu obxectivo olímpico. 

 

FUU28zhWYAAQLIz
Fonte: @galiciajudo en Twitter / Federación Internacional de Judo

 

Estrella López traballa coa Federación de Judo en Galicia, hai pouco máis dunha semana desprazouse ata Georgia para loitar polo podio no Gran Slam. Conseguiuno. A judoca proclamouse terceira nun combate do que non saíu de todo satisfeita. "Non foi o mellor día de sensacións, pero orgullosa de sacalo adiante", declaraba nas súas redes sociais.

 

Con todo, a deportista logrou colocarse nunha moi boa posición tras ser a 14º da clasificación mundial. Isto, afirma, dálle a confianza para lanzarse a por a clasificación Olímpica de Judo que dará inicio no mes de Xuño. 

 

Para Estrela, do mesmo xeito que todas as deportistas de alto rendemento, non será un camiño curto, pois as preparacións olímpicas requiren catro anos de mantemento no alto das listas. Con todo, ata o momento López atópase no bo camiño para conseguilo, pois en 2020 proclamouse terceira no Campionato de Europa.

 

Por tanto, dada a súa traxectoria e as súas condicións actuais, todo parece indicar que continuará regalando éxitos a Galicia durante os dous anos que lle faltan para chegar aos Xogos de París de 2024. 

 

Compite na categoría de -52kg e as súas próximas metas serán o Grand Prix de Zagreb o 15 de xullo e o Campionato do Mundo a principios de agosto. A clave do seu éxito? Quizais o seu dito: “ Ser a miña mellor versión, HOXE”. 

relacionada Nace a Federación Galega de Danza Deportiva, un deporte que practican xa máis de 1.100 galegos

Sen comentarios

Escribe o teu comentario




He leído y acepto la política de privacidad

No está permitido verter comentarios contrarios a la ley o injuriantes. Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios que consideremos fuera de tema.

Galiciapress
Praza da Quintana, 3; 15704 Santiago de Compostela
Tlf (34)678803735

redaccion@galiciapress.es o direccion@galiciapress.es
RESERVADOS TODOS OS DEREITOS. EDITADO POR POMBA PRESS,S.L.
Aviso legal - Política de Cookies - Política de Privacidade - Configuración de cookies - Consello editorial - Publicidade
Powered by Bigpress
CLABE